Ola a todos e todas!
Nesta entrada preséntovos o tema 5 da materia «As linguas estranxeiras no contexto español e internacional» e, concretamente, o deseño curricular para linguas estranxeiras, que foi impartida por Gonzalo durante tres sesións.
Para comezar, fixemos un repaso do currículo e das competencias da LOMLOE, contido que xa trataramos na materia de «Deseño curricular e organización de centros educativos», mais cun enfoque diferente como xa vos explicarei ao longo da entrada.
O primeiro que vimos nesta materia foron os tipos de avaliación que existen: a avaliación respecto dos «axentes» serviume, por exemplo, para refrescar conceptos como «coavaliación» e «autoavaliación» que, ademais, puxemos logo en práctica. O primeiro día tamén empregamos unha ferramenta dixital, Wooclap, que me pareceu interesante porqué é colaborativa e visual.
A continuación, repasamos a definición e os elementos do currículo e as institucións coas concrecións curriculares sobre as que teñen competencias. Por unha banda, como actividade introdutoria, empregamos o «debate piramidal» para responder que é o currículo, os seus elementos e competencias básicas. Nunca oíra falar deste tipo de debate no que a técnica consiste en debates por parellas até aumentar o número de participantes e, ao mesmo tempo, atopar as respostas máis concretas e axeitadas. Con esta primeira actividade somos nós o que levamos o peso da actividade e poñemos en práctica o traballo en equipo, a diferenza dunha clase maxistral tradicional. Deste xeito tamén se produce máis motivación e unha sinerxía de aprendizaxe colaborativa, na que desenvolves o teu propio criterio e, ademais, incorporas enfoques doutras compañeiras. Por outra banda, tamén empregamos un exercicio de emparellar que me pareceu un modo máis visual e interactivo de repasar. Persoalmente, este tipo de exercicios axúdanme a ver mellor un tema que por si só me parece áspero e, ao mesmo tempo, facémolo dun xeito máis autónomo. Asemade, descoñecía que hai outros autores que indican que son todos os chanzos onde se toman decisións sobre o currículo. Outra cousa que me resultou curiosa é que, para a Unión Europea, tanto a CCL coma a STEM son as competencias máis relevantes. Isto levoume a procurar máis información sobre o tema, como os proxectos STEM en Europa ou preguntarme sobre a fenda das mulleres en STEM.
Nesta aula tamén comezamos a preparar as presentacións das linguas estranxeiras nos currículos da ESO, Bacharelato e FP e que nos ocupou a totalidade da seguinte. Para realizar esta primeira tarefa o meu minigrupo tivo que desenvolver as linguas estranxeiras no currículo da ESO, aspectos que ían, por exemplo, desde obxectivos até atención á diversidade, entre outros, e para o que tivemos que consultar o Decreto do currículo ESO da LOMLOE.
Este foi un traballo autónomo, no que Gonzalo só nos deixaba comentarios nun Google Doc colaborativo, é dicir, tamén foi un xeito diferente de aprendelo, xa que eramos nós os que verdadeiramente traballabamos a materia. Primeiro seleccionamos o contido, pero o máis dificultoso era sintetizar a información máis importante e incorporala dun xeito máis comprensible. Na 2.ª clase continuamos, así que mentres dous seguiamos a «descifrar» esa linguaxe xurídica e a sintetizabamos, outra compañeira creaba o Powerpoint para a exposición. Unha ensinanza que saquei desta actividade foi que a pesar de traballar sobre presión puidemos organizarnos e levar o traballo a cabo, delegando e chegando a un entendemento mutuo en pouco tempo, o que nos deu máis confianza e aumentou a nosa sensación de equipo.
No comezo da terceira sesión, quedara un grupo pendente de expoñer e nós tiñamos que facer a súa coavaliación: os compañeiros trataron o currículo na FP, algo descoñecido e no que, por exemplo, aprendín que o lugar que ocupen os idiomas nos contidos curriculares radica segundo o que precisen a nivel laboral. Sobre todo, esta actividade serviunos para coñecer os grados de avaliación e pór en práctica a autoavaliación e a coavaliación. Estas avaliacións non son algo que adoitamos facer durante a nosa aprendizaxe formal, co que nos permite unha maior reflexión e autocrítica do noso traballo e a ver un enfoque máis empático e construtivo cara os demais. Por último, esta actividade achegounos unha aprendizaxe cooperativa e por proxectos, no que comprendimos moito mellor o currículo nas distintas etapas e ensinanzas.
O resto da sesión destinámola ao currículo na EOI, algo que non tratamos até agora no mestrado: en primeiro lugar, fixemos a actividade de Think, pair & share, que serviu para reflexionar o que nós e o resto dos grupos sabiamos (aprendizaxe colaborativa). Nesta aula aprendín, entre outras cousas que a idade de acceso á EOI pode ser aos 14 anos (se non é a primeira LE na ESO); o portugués é lingua ambiental en Galicia; a nivel europeo, ademais de España, só en República Checa e Eslovaquia hai Escola de idiomas, de aí a importancia do MCER como recoñecemento oficial no resto de países. Despois disto fixemos un Kahoot, con esta ferramenta de gamificación revisamos as competencias das institucións. Pareceume unha boa actividade para afianzar contidos que consideraba que tiña claros, pero que realmente non tanto, xa que me din de conta que moitas veces dubidaba entre Goberno de Estado ou Ministerio de Educación ou mesmo entre Goberno Autónomo ou Goberno de Estado.
Na última tarefa, os minigrupos tivemos que elaborar unha presentación de Powerpoint colaborativa no que cada un xestionaba determinados aspectos no currículo. Nesta ocasión tamén tivemos que sintetizar a información a través dos documentos para crear a infografía e a presentación, para o que nos organizamos do mesmo xeito que na tarefa anterior e, esta vez, levounos menos tempo. Esta actividade tamén nos permitiu traballar os nosos contidos, aprender a nivel grupal e do resto de grupos, e ter un documento común que poder consultar.
Como conclusión, aparte de entender mellor o deseño curricular, este tema serviume para empregar distintas ferramentas e enfoques colaborativos que me pareceron interesantes para pór en práctica como docente.
E até aquí o tema 5, vémonos na seguinte entrada!
Hola, Joaquín, leo que para ti también la forma con la que Gonzalo enfocó la materia fue muy beneficiosa. Comparto totalmente tu reflexión y me parece primordial que el profesorado nos explique muy bien lo que, como futuros docentes, vamos a tener que poner en práctica en nuestras aulas de enseñanza de LE: el currículo. Y si, además, el profesorado lo hace de una forma divertida, con herramientas que podremos usar para que nuestro alumnado aprenda divirtiéndose, ¡es INCREÍBLE!
ResponderEliminarEspero tu próxima entrada ;)
Moitas grazas polo teu comentario, Marie-Blanche! Toda a razón, sempre vai ser mellor que aprendan dese xeito. Unha aperta!
ResponderEliminarOla, Joaquín! Paréceme un moi bo resumo e moi completo deste tema. Estou de acordo contigo e co comentario anterior de Blanca, o interesante deste tema foi o feito de que malia ser tan teórico as actividades prácticas ocuparon case a totalidade das sesións. O formato colaborativo das presentacións e o Kahoot son ferramentas que espero poder empregar na aula durante o período de prácticas. Porén, o debate piramidal paréceme que pode acabar resultando demasiado caótico en grupos de adolescentes moi revoltosos.
ResponderEliminarMoitas grazas, Marta. Creo que tes toda a razón sobre o Kahoot e penso que é totalmente certo que debemos adaptar as nosas clases segundo sexa o noso alumnado.
EliminarHola, Joaquín!
ResponderEliminarParéceme moi interesante e completa a túa entrada. Como eu, ti destacaches e comentaches nun do apartados sobre a metodoloxía utilizada co traballo do documento colaborativo.
Estou totalmente de acordo contigo sobre as múltiples vantaxes deste método, xa que nos fai ao alumnado totalmente protagonista e consciente do noso aprendizaxe, mentres que o docente adoptou un papel secundario e encargouse de supervisar o traballo e proporcionarnos os materiais necesarios. Como expresaches, eramos nos os que verdadeiramente traballamos coa materia de principio a fin, Isto implica una tarefa bastante larga e dificultosa como ler e “descifrar” as distintas partes da lexislación asignada ao noso grupo. Ademais, tiñamos que identificar os puntos importantes, resumilos e explicalos.
Pero as ensinanzas non soamente se centraron no traballo da lexislación, senón que foron moito máis aló, como tamén explicaches. Con esta forma de traballar, ademais, esixíusenos unha organización baixo presión co fin de rematar o traballo a tempo (o cal, por certo, saíunos moi ben a toda a clase). Grazas a isto, traballamos en valores como a colaboración, o traballo en equipo, a organización, o diálogo ou a confianza. Isto, a verdade, sorprendeume gratamente, pois pasamos dun temario que outros docentes poderían impartir mediante a utilización dunha metodoloxía tradicional (repetir e chapar), a facela moi amena, enriquecedora e útil noutros moitos aspectos.
Definitivamente, agradezo moito este tipo de metodoloxías activas e colaborativas na clase e utilizarei esta forma de traballar cando sexa docente!