Ola de novo, xente! Por aquí andamos outra vez coa primeira entrada do ano e desta nova materia. A bitácora de hoxe está baseada no Tema 1. Situacións e variábeis de ensino das linguas estranxeiras.
Na primeira sesión da materia comezamos empregando un diagrama de Venn. A verdade, que desde o colexio (alá polo século pasado), non me lembraba nin da súa existencia. Basicamente recordo que os utilizabamos en matemáticas: a través dos círculos (conxuntos) nos que podiamos verificar as relacións entre distintos elementos. Esta nova metodoloxía de ensinar matemáticas coñécese como «Matemática moderna», e a súa principal característica foi a implantación da teoría de conxuntos e os elementos de álxebra abstracta nos colexios. Curiosamente, xurdiu en 1957 nos EUA como resposta ao lanzamento do satélite ruso Sputnik, co fin de fomentar unha educación e habilidades científicas fronte á ameaza soviética. É de aí á nosa aula!
E este circunloquio vén por mor de que, ata esa sesión, tíñao asociado só ás matemáticas. Dándolle un xiro, nós utilizámolo, en minigrupos, para detectar as características de adquisición entre linguas iniciais (nun dos círculos) e as das linguas estranxeiras (no outro), e na súa intersección tiñamos as características común de ambas as dúas. Posteriormente, cada grupo achegou as que consideraron, debatéronse e con iso, finalmente, elaborouse unha táboa común con todas as respostas. Desas características comúns, o obxectivo comunicativo e social, ademais da adquisición por medio da práctica, son as que me pareceron máis salientables. Pola contra, o que máis me chamou atención é que a lingua estranxeira, ao igual que a inicial, comparten unha aprendizaxe por imitación e repetición a través dunha adquisición espontánea.
Coa realización desta actividade aprendemos o contexto da adquisición e as semellanzas e diferenzas entre lingua materna e estranxeira. Indicar que á lingua materna tamén é coñecida como primeira lingua, ou polas súas iniciais LM ou L1. Por outra parte, a lingua estranxeira abréviase como LE e adoita empregarse indistintamente en ámbitos académicos como «segunda lingua» (L2). Mais hai un matiz entre as dúas: unha LE é a que se ensina/aprende no ámbito educativo dun país, porén non se emprega como lingua de comunicación (a diferenza da segunda lingua).
Na segunda sesión centrámonos no contexto de uso das diferentes linguas. Para comezar empregamos Placemat: un folio divídese en 4 ou 5 membros do grupo, mentres o docente propón unha pregunta/serie de preguntas, cada un dos membros do grupo contestará nese folio e o eixo será o consenso ao que se chega. Trátase dunha ferramenta para traballar en grupo, inicialmente de xeito individual para chegar un acordo posterior e, neste sentido, atopeina tremendamente útil. A actividade consistiu en contestar a oito preguntas, formuladas con exemplos prácticos, e responder segundo considerásemos que era unha lingua habitual, de traballo, ou vehicular. Este tipo de actividade pode servirnos tamén para chegar a un consenso sobre unha tarefa final (p. ex. a elaboración dunha infografía, unha guía dun museo, ou un podcast en LE).
Na segunda parte da sesión traballamos o repertorio lingüístico, é dicir, o conxunto de elementos lingüísticos coñecidos por un falante ou unha comunidade de falantes. Doutra banda, tamén distinguimos entre comunidade lingüística (comparten un repertorio lingüístico de base común) e comunidade de lingua (partillan o uso e coñecemento dunha mesma lingua ou variedade lingüística).
Na actividade que realizamos respecto deste concepto, como adoitamos facer, traballamos de xeito piramidal: primeiro o individual (a continuación compártovos o meu), logo no grupo de 5 persoas, até chegar ao repertorio lingüístico de toda a clase (o común e o total), que compartimos nun Google Doc colaborativo. Isto serviunos como exercicio de conciencia lingüística e plurilingüe e para darnos conta de que pertencemos a unha comunidade lingüística. Con isto, observamos que o obxectivo didáctico dunha lingua é cohesionar unha comunidade lingüística e enriquecer o noso repertorio lingüístico. Houbo dúas cousas que me sorprenderon: a primeira que un sempre da por feito que todo o mundo ten os mesmos coñecementos activos de galego, inglés ou español e, en segundo lugar que o noso repertorio lingüístico total fose tan variado. Na última parte da clase, nomeamos, a través de exemplos, os tipos de didáctica de lingua en situación de ensino: inicial, de segunda lingua, de LE, AICLE, aprendizaxe precoz de LE, e LE para fins específicos.
Para concluír, o que máis me gustou deste tema é que a metodoloxía para adquirir coñecementos da teoría foi moi práctica. Ademais, este tipo de actividades, serven para demostrar que non sempre son necesarias ferramentas tecnolóxicas nin grandes recursos: o diagrama de Venn e o Placemat son ferramentas moi sinxelas que poden facilitar o traballo cooperativo e xerar un debate activo e dinámico, mentres que para facer a última actividade só foi necesario un Google Doc. Por conseguinte, parécenme moi necesarias para asimilar conceptos e non «cargar» ao alumnado só con teoría. Igualmente, permiten reflexionar, cooperar e aproveitar sinerxías e un maior sentimento de cohesión entre os compoñentes dos grupos. Por todos eses motivos, penso que non dubidarei en empregalas no meu futuro como docente.
Ola!! Creo que fixeches unha entrada que reflicte moi ben as implicacións das actividades que realizamos na aula. Xa tiñamos comentado noutras materias a dificultade que como docentes de lingua estranxeira podemos atopar por veces á hora de introducir o plurilingüismo nas nosas aulas, xa que normalmente queremos centrar o pouco tempo de que dispoñemos na expresión na lingua meta. Por iso creo que este exercicio de elaboración colectiva dun repertorio lingüístico que nos permite coñecernos mellor como grupo tamén serve para concienciar de que todas as linguas deberían ter cabida na aula, dunha maneira ou doutra, para como mínimo reflexionarmos sobre o moito que nos enriquece como comunidade lingüística.
ResponderEliminar¡Hola, Joaquín! Tu entrada me ha parecido muy completa e interesante. A mí también me pareció muy útil la actividad del repertorio lingüístico. Resulta sorprendente poder observar lo amplio que es nuestro propio repertorio, mucho más de lo que podemos pensar inicialmente. Además, al crear el repertorio total del grupo vemos los conocimientos de nuestros compañeros y compañeras, ya que no siempre coinciden con los nuestros propios. Es muy interesante que haya compañeros y compañeras de otras partes de Galicia o España e incluso de otros países o que conozcan otros idiomas. Como bien dijo Rita en su comentario, esta actividad puede ser muy útil para trasladarla al aula y que de esta forma nuestro alumnado sepa respetar y valorar la diversidad lingüística.
ResponderEliminarHola, Joaquín. Me parece muy interesante que recalques el uso de métodos más "tradicionales" como una herramienta igual de eficaz que las tecnológicas. En la época en la que estamos, de revolución tecnológica total, puede ocurrir que a veces pequemos un poco en el uso de herramientas digitales, cuando pueden existir técnicas igual de válidas que no nos hagan perder esa creatividad sobre el papel. Supongo que con el paso del tiempo será más difícil mantener esta tradición del papel, sin embargo pienso que tiene beneficios que puede que no se alcancen del todo al usar un ordenador. ¡Habrá que buscar el equilibrio!
ResponderEliminar